Programa

Cremos nun Lugo Vivo que deixe atrás o estado actual de parálisis, onde poidamos vivir e crear as nosas familias sin medo a que a xente moza teña que irse por falta de oportunidades. Para iso, compre ter un Lugo Activo que sexa un estimulante do enorme potencial dos lucenses, e sabemos como facelo:

30 MEDIDAS PARA TRANSFORMAR LUGO  

Un Lugo Vivo

1. Semipeatonalizar a  Ronda da Muralla e facer unidireccional a Avenida da Coruña, reducindo a circulación a un só carril para poder anchear as beirarrúas para que inviten a pasear, a disfrutar e a mercar

2. Crear un novo acceso a Fontiñas desde a estrada do Rato e a carretera da Fonsagrada cun aparcadoiro escalonado de 500 prazas na ladeira do Parque dos Paxariños para rematar cos atascos e a falta de estacionamento

3. Desenvolver unha zona verde polo medio do Carme e soterrar a N-VI fronte ao Pazo de Feiras e o estadio Anxo Carro para poder chegar andando e en bicicleta desde o centro da cidade ao río sen obstáculos

4. Ampliar o Plan Paradai creando unha nova avenida de entrada á cidade desde a Campiña até Serra de Meira e Ponte Paradai polos terreos sen urbanizar dos barrios das Gándaras e o Sagrado Corazón, que axude ao seu desenvolvemento e sirva de alternativa á estrada da Fervedoira e a ponte da estación de ferrocarril

5. Atopar unha solución consensuada para o Garañón que implique o derrubo das torres sen hipotecar as arcas municipais e sen facer pagar aos lucenses os erros cometidos por Gobernos anteriores

6. Levar a cabo un Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana que axude á rehabilitación de vivendas, fomente o aluguer e recupere barrios e zonas degradadas

7. Remodelar o transporte público para que Lugo conte cun autobús urbano áxil e fiable, con liñas máis curtas e máis frecuencias, cun bus eléctrico circular na Ronda da Muralla como intercambiador e microbuses ás parroquias

8. Poñer en marcha un Plan de Seguridade Viaria que revise a ubicación e mantemento dos pasos de peóns para reducir o alto número de atropelos que se producen na cidade e apostar pola creación de carrís bici, aparcadoiros para motos e infraestruruas para coches eléctricos

9. Facer de Lugo unha cidade limpa e coidada, cun novo contrato de recollida de lixo e limpeza de rúas que trate por igual aos distintos barrios e mellorando o mantemento urbano para que toda a cidade conte coas mesmas dotacións e servizos

10. Levar a cabo un Plan Cuatrienal de mellora e mantemento das intraestruturas e servizos das parroquias, que contemple medidas como o asfaltado de pistas, o desbroce e limpeza de cunetas, o alumeado, a mellora na recollida de lixo, o acceso a internet e o abastecemento de auga e o saneamento

Un Lugo para as Familias

1. Converter o Cuartel de San Fernando nun colexio público e o actual Quiroga Ballesteros nunha escola infantil e constuir o Museo da Romanización no Fogar de Santa María

2. Crear un parque multiaventura de 18.000 metros cadrados a carón do río Miño, no entorno do Pazo de Feiras, pensado para o ocio en familia, con xogos inclusivos e diferentes e un campamento castrexo e romano permanentes onde realizar actividades todo o ano

3. Construir un pavillón deportivo e unha piscina climatizada na Abella para axudar a dinamizar esta zona da cidade e completar as necesidades en materia de dotacións deportivas de Lugo

4. Apostar pola Escola Municipal de Música ampliando as súas actuais dependencias no Uxío Novoneyra á totalidade do edificio converténdoo en centro de referencia musical da cidade que axude ao mesmo tempo á dinamización do casco histórico  

5. Construir un Centro Cívico no barrio da Residencia que contribúa a que esta zona da cidade recupere a actividade e a vida social

6. Transformar o Vello Cárcere nun Centro de Creación para artistas locais onde creadores de distintas disciplinas artísticas poidan traballar, expoñer e vender as súas creacións  

7. Dotar ao Concello dun xestor cultural que programe unha oferta variada e diversa durante todo o ano para que sempre haxa algo que facer en Lugo colaborando nunha axenda coordinada coas entidades culturais da cidade

8. Camiñar cara a plena accesibilidade urbana e un Lugo máis igualitario cunha política integradora e que teñan en conta a labor das distintas asociacións que traballan no ámbito social na cidade

9. Apertura das instalacións dos colexios fóra do horario lectivo e posta en marcha do Carné Xoven Municipal con actividades, descontos e ofertas de ocio e lecer saudable para a mocidade

10. Mellorar a atención aos maiores, con novos modelos como o cohousing ou os fogares compartidos, e levar a cabo proxectos de voluntariado e intercambio xeracional para evitar a a soidade das persoas maiores e aproveitar a súa valía e experiencia

Un Lugo Activo

1. Poñer en marcha un Plan de Desenvolvemento Industrial, investir na modernización e mellora dos polígonos do Ceao e a Louzaneta e implantar un programa municipal de créditos reembolsables para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

2. Apoiar aos autónomos, ao comercio local e ao sector hosteleiro, dinamizar a Praza de Abastos e apostar de xeito decidido polo turismo coa posta en marcha dun Plan Estratéxico e dun Consorcio do Casco Histórico

3. Acabar coas actuais trabas á hora de querer abrir un negocio en Lugo, axilizando a concesión de licenzas e devolvendo as taxas cobradas en caso de incumprimento dos prazos legalmente establecidos

4. Baixar os impostos ás familias e implantar axudas á conciliación e bonificacións e incentivos fiscais á creación de emprego para facilitar o asentamento de novas iniciativas empresariais en Lugo que xeren postos de traballo na cidade.

5. Redución da burocracia e implantación da administración electrónica no Concello, mellorando a atención aos cidadáns e realizar, con carácter anual, unha auditoría sobre a situación económica do Concello para que todos os lucenses saiban a que se adica cada euro dos seus impostos

6. Implantar un sistema de control horario para os traballadores municipais e facer que a Policía Local traballe 37,5 horas semanais, igual que o resto de empregados públicos. 

7. Transparencia e rexeneración pública, acabando cos contratos caducados e a demora no pago de facturas que sofren os autónomos e empresas que fan traballos para o Concello

8. Posta en marcha de servizos mancomunados en colaboración cos concellos limítrofes e eliminar as políticas partidistas da Deputación

9. Aposta pola educación e a formación, facendo que a Universidade colabore co tecido empresarial e social de Lugo, vinculando ao Campus nun plan de dinamización do sector agrogandeiro e forestal nas 54 parroquias do municipio 

10. Reducción do salario como alcaldesa nun 25% respecto ao fixado na actualidade e compromiso de estar tan só dous mandatos no cargo e de facer pública a declaración de bens no momento da toma de posesión e no momento de abandonar o cargo


Podes consultar o programa completo aquí.